As miñas lembranzas de Don Ricardo Carballo Calero son de cando era nena e estudaba no colexio Fingoi. Os alumnos tiñámoslle moito respecto, raiando no medo. El exercía a dirección con moita disciplina e rectitude (tanto para os alumnos como para os profesores), como me consta por diversas conversas posteriores ó longo destes anos.
As súas clases eran amenas e boas, pero sempre con certa inquietude polo que puidese pasar, xa que tiña o xenio vivo.
Xa de profesor na facultade de letras da Universidade de Santiago, atopámonos polo corredor e, a pesares de que xa non tiña autoridade sobre min, aínda se me ace-leraba o pulso da miña época de alumna.
Logo, de adulta, xa me dei de conta do seu gran valor intelectual e da situación que vivira. Pois Don Ricardo foi unha vítima máis do golpe de estado que sufriu a Repú-blica no ano 36.