A primeira evidencia do labor de Carballo de fomentar a creación literaria no alumnado de Fingoi aparece na revista “Vida Gallega”, na que, sen dúbida pola súa xestión, aparecen publicados traballos de Josefina e Gloria Baamonde, Ana Fernández Puente, Dolores Fernández, Maricruz Truque ou Marianela Fernández.
Josefina Baamonde, “Por pouco me quedo sin cartos”. Xullo, 1960.
Gloria Baamonde, “Xente nova e leña verde todo é fume”. Setembro/Outubro, 1960.
Ana Fernández Puentes, “El ratoncito Pérez y su compinche”. Marzo, 1961.
Mª Dolores Fernández Fernández, “El Peplo”. Xuño, 1960.
Maricruz Truque, “La princesa del sol”. Agosto, 1960.
Marianela Fernández, “El fantasma del caserón”. Febreiro, 1961.
Tempo despois, alumnas de Carballo en Fingoi destacaban nos Premios Minerva de Santiago coas súas creacións poéticas, motivando que Ramón Piñeiro calificase o impulso do profesor como “un calado maxisterio moral na conciencia máis sensibre da nosa terra”.
Acompañamos fotografías do acto, do que foi mantedor Carballo Calero, e no que recibiron galardóns poéticos as irmás Araceli e Mª Carmen Herrero Figueroa, e Gloria Baamonde Traveso, figurando na foto xeral dos premiados o lucense de Pol Fernando Ónega.
Don Ricardo, actuando de Mantedor do acto de entrega dos Premios Minerva.
Don Ricardo entre as irmás Herrero Figueroa, “Macali” e Araceli.
Don Ricardo con Gloria Baamonde Traveso.
Foto xeral dos galardoados nos Premios Minerva.
E sempre, na educación e na escrita, xente de Fingoi, alumnos de Carballo, destacando no panorama cultural de Galicia e España:
Araceli Herrero Figueroa.
Carmen Blanco García.
Adela Figueroa Panisse.
Emilio Valiño del Río.
Gloria Baamonde Traveso.
Mª Carmen Herrero Figueroa.
Mª Victoria Carballo-Calero Ramos.