Era marabilloso dar as clases na carballeira (primavera, había escornabois), e sempre alargabamos o camiño. Do proxecto educativo do colexio os alumnos non soubemos ata que o deixamos.
Con Don Ricardo topaba a veces nos pasillos. Era como un aparecido, creo que porque usaba sempre zapatos de caucho, que non facían ruído ningún. Sempre estaba alí, e o medo que daba viña do rigor que
transmitia: coa súa fala tan precisa e económica preguntaba… eu respostaba / tatexaba algo, quen sabe que.
Nas súas clases fun sentindo como a linguaxe, a fala, superaba a utilidade, e non era só ferramenta, senón -moitos anos despois souben- como el describiu no “si borro de mi lengua la palabra” como a “chave das entrañas do mundo”.
Tamén lembro o seu jipijapa, inusitado sombreiro que co tempo, lendo a súa poesía, vin que era máis que unha protección solar (cubría a “sangrienta flor”).
Moitas grazas Fingoi-Don Ricardo.
Festival nos arredores de Fingoi. Bailarinas na fonte.