Dúas palabras que teñen para min un gran valor significativo forman parte da niña personalidade, desde que comencei a miña vida profesional.
Don Ricardo, así nos referíamos sempre a Carballo Calero, dirixía o colexio onde os estudiantes se formaban. Non había libros de texto, polo que todo coñecemento se acadaba investigando persoalmente ou en equipo, dirixidos polo profesor.
Don Ricardo vixiaba que este traballase ben. Era aparentemente distante, pero preocupado porque os alumnos progresasen, desenvolvesen o seu sentido crítico, e se expresasen correctamente. Era razoablemente esixente.
Galiza era o tema central. Por medio de viaxes os domingos, habían de coñecerse as distintas vilas da provincia de Lugo, despois de adicar a semana ó seu coñecemento teórico. O folclore galego era esencial, algo que os rapaces practicaban con grande éxito. Na miña materia de ensino, lingua latina, tiñamos que coñecer a etimoloxía das palabras e a súa evolución ata o galego. Valoraba que o noso traballo fose práctico e dinámico.
A relación con nós, profesores, era cercana e dialogante.
Podería contar algo anecdótico, por exemplo, a súa teima porque non saísemos ós patios sen viseira, gorro ou pano na cabeza, porque tiñamos que ser exemplo. Iso creaba como un xogo cando non o faciamos correctamente.
Desexaría que estas liñas desen unha imaxe do que foi Fingoy e Don Ricardo para min, profesora nova e en proceso de formación. Alí aprendín moito durante os cursos 1961-62, 62-63 e 63-64, e sempre lle estiven agradecida.